Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Amigos da Feira organiza unha churrascada de Lume Novo en Castro de Rei

Por 20 Xuño, 2022Xuño 23rd, 2022Sin comentarios

A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei celebrará este xoves, 23 de xuño, a partir das 22.00 horas, a noite de Lume Novo, unha festa que se recupera coa organización dunha churrascada no polideportivo de Castro de Rei.

A actividade será gratuíta para os socios, que poderán levar un acompañante pero tamén poden acudir os que o desexen cun custe de 10 euros por persoa. Os nenos maiores de 10 anos pagarán a metade e os menores desa idade será gratuíto.

Para participar haberá que inscribirse previamente cos membros da asociación nos seguintes establecementos:

  • Supermercado Claudio Grueira – 982 31 41 40
  • Germán Naval Lage – 982 31 42 70
  • Librería Maduca – 982 31 44 23
  • Enviando un WhatsApp ao número da asociación: 624 09 92 75.
  • Chamando ao 697 82 47 97 (Héctor) ou ao 697 28 72 66 (Adrián).