Skip to main content
Cospeito

A Asociación San Martiño de Pino celebrará o sábado 18 o Lume Novo

Por 6 Xuño, 2022Xuño 18th, 2022Sin comentarios

A Asociación cultural San Martiño de Pino celebrará o vindeiro sábado 18 de xuño a tradicional festa de Lume Novo na Veiga de Porto.

Esta xornada festiva dará comezo ás 13.30 horas cunha misa solemne seguida da sesión vermú amenizada co Dúo Estrellas. Xa pola tarde ás 16.30 horas será a actuación do grupo de pandereteiras de Pino e os xogos tradicionais a cargo de Xotramu, o acendido da cacharela e porá a nota musical e o peche final da festa o Dúo Estrellas.

Haberá un xantar a cargo do bar Rochela a base de xamón cocido, polbo, churrasco mixto con chourizo criollo, bebidas, sobremesa e café, así como na h ora da cea poderase desfrutar tamén de xamón cocido, empanada, bebidas, sobremesa e café.

Para poder asistit é necesario anotarse previo pago ante calquera membro da directiva antes do 12 de xuño. O prezo para os socios é de 35 euros e para os que non o sexan 45 e os pequenos de 7 a 11 anos pagarán 18 euros.