Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAFriolFriol TERRACHÁXA

Presentación oficial dos integrantes do Club Atletismo Friol de esta tempada

Por 1 Xuño, 2022Sin comentarios

O equipo de atletismo do CPI López Suárez realizou a foto oficial do presente curso escolar, na que preto de 50 nenos e nenas de dito centro educativo tomaron parte en diversas competicións por toda a xeografía do ámbito provincial e autonómico.

O Concello de Friol colabora un ano máis activamente no desenvolvemento das actividades realizadas polo equipo escolar, entendendo o deporte regrado e a actividade física nas categorías inferiores como un elemento clave na formación integral do alumnado do centro escolar. O equipo, formado integramente por alumnos e alumnas do CPI Dr. López Suárez de Friol, estivo presente ao longo deste curso escolar en diversas carreiras populares, así como en torneos de campo a través e, sobre todo, en eventos de pista, tanto de aire libre como de pista cuberta, onde tiveron numerosos éxitos tanto a nivel provincial como autonómico.

O equipo nesta tempada estivo formado polos seguintes integrantes:

  • Categoría Benxamín: Marcos e Lucas Lage, Erik Gallardo, Valentina Martínez, Carmen Caramés, Vera Abel, Erea Moreno, Sandra Ares, Hugo Castro, Ada Ceide, Anxo e Natalia López, Sabela Menán, Hugo Penas, Sabela Sánchez, María Santos e Leo Villadonga.
  • Categoría Alevín: Ian Caramés, Manuel Lage, Adrián Marqués, David Viña, Mariña Aguiar, Sofía López, Susana López, Emma Martínez e Sara Platas.
  • Categoría Infantil: Roi Andón, Borja Arias, Martín Díaz, Grace Gainsford, Alba Menán, Manuel Folgueira, Mateo Villar, Oihane Gómez, Uxía Platero, Antía Iglesias e Alexander Macías.
  • Categoría Cadete: Mara Montes, Noa Mouriz, Ramón Loureiro, Samuel Villar, Mateo Sánchez, Iván Neira, Paulo Maneiro e Mateo Aguiar.