Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Abre o prazo de inscrición na escola infantil de Friol

Por 4 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Friol acaba de abrir o prazo de preinscrición na escola infantil municipal. Poderán presentar a documentación necesaria para solicitar praza, ou reservar a que teñen do presente curso, as familias con nenos e nenas menores de tres anos, que queiran asistir este próximo curso 2022-2023.Poderán facelo ata finais de este mes de xuño.

Para todas as familias interesadas, o modelo de solicitude, así como a documentación requirida, poderán rexistrala en horario de mañá, de 9:00 a 14:30 horas nas Oficinas Municipais tendo preferencia os que xa están a utilizar o servizo. Para calquera dúbida ou aclaración poden chamar ao teléfono do Concello, ou descargar os impresos e a información que precisen da web (www.concellodefriol.es).

Ademais, o Alcalde José Ángel Santos, enviou unha carta a cada familia con menores empadroados no municipio, para informalas da apertura do prazo, e adxuntou unha copia da instancia e da documentación necesaria para formalizar a presentación da solicitude de praza.

En este curso 2021-2022 cubríronse todas as prazas, e incluso unha vez iniciado se realizaron máis solicitudes de ingreso. Este servizo supón ás arcas municipais un gasto de uns 80.000 €. Para o próximo curso a previsión que teñen dende o Concello é que se presenten unhas 50 instancias.

Ademais, no vindeiro curso, todo o alumnado terá as taxas bonificadas ao 100%, grazas á xestión da Xunta de Galicia, que fará que todos os usuarios de calquera centro de Escola Infantil, Punto de Atención á Infancia, Casa Niño, etc., poidan asistir de xeito gratuíto.

O alcalde, José Ángel Santos, indicou que “o Concello está e estará ao lado das familias que precisan dispoñer de servizos de conciliación, para poder compaxinar a vida laboral e persoal do mellor xeito posible, e para que iso non sexa unha limitación á hora de vivir no noso pobo.