Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol organiza a segunda edición dos campamentos atléticos de verán

Por 14 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Friol segue apostando por fomentar o deporte e os bos hábitos entre a poboación máis nova. Para elo opta por celebrar este verán, a segunda edición dos campamentos atléticos, coa importante colaboración do recoñecido club de Atletismo Friol. Os encargados de intentar contaxiar a súa paixón polo deporte aos máis novos de este Concello, serán, un ano mais, María Carballido e Cristian Montecelo, dous grandes atletas veciños de Friol.

O prazo para inscribirse en estes interesantes campamentos atléticos, que serán gratuítos, comezará o mércores 15 de xuño. Pode realizarse a inscrición nas oficinas do Concello de Friol, ou tamén a través do correo electrónico info@concellodefriol.es. As prazas cubriranse por orde de inscrición, e terán preferencia os veciños e veciñas de Friol, por diante dos non empadroados. 

Esta actividade de verán comezará o día 1 de xullo e rematará o 31 de agosto. Realizarase en horario de mañá, dende as 10:00 ata as 13:00 horas.

Dividiranse aos nenos e nenas interesados en participar, en dous grupos, dependendo das idades. Un primeiro grupo será de 4 a 9 anos, os martes e os xoves, e un segundo grupo, os luns, mércores e venres, para os participantes con idades entre os 10 e os 14 anos.

O alcalde de Friol, Jose Ángel Santos, di que “despois da gran acollida que estes campamentos tiveron o pasado verán, non podíamos facer outra cousa que repetir. Ademais, dende o Equipo de Goberno apoiamos este tipo de actividades xa que fan que os máis novos do noso Concello poidan sentir, descubrir, aprender e desfrutar do deporte e dos seus innumerables beneficios”, “tamén queremos agradecerlle, tanto dende o Concello como dende Atletismo Friol, a Raquel López López, veciña do municipio, que unha vez mais foi a encargada de realizar o traballo de deseño do cartel publicitario de esta actividade, que fixo de xeito desinteresado”, engade o rexedor.