Skip to main content
Axenda CaducadaFriolFriol TERRACHÁXA

Tributo a Joaquín Sabina este venres en Friol

Por 27 Xuño, 2022Xullo 1st, 2022Sin comentarios

O Concello de Friol abre a programación de verán este venres, 1 de xullo, cun concerto gratuíto na praza Andón Cebreiro da localidade.

Trátase da actuación de La Penúltima Sabinera, un tribuno a Joaquín Sabina, que financia na súa totalidade a Xunta de Galicia.

O concerto dará comezo ás 22.00 horas.

A Penúltima é unha banda de Lugo que, coa voz do seu vocalista avalada polos mismísimos Pancho Varona e Antonio García de Diego, convértese segundo a crítica na mellor banda tributo a Sabina. Carlos García-Boente, vocalista do grupo, compartiu escenario coa banda de Joaquín Sabina en Lugo (a súa cidade natal) e Madrid (Sala Galileo Galilei).

Os seus concertos gardan unha total similitude aos que ofrece a banda do mestre de Úbeda, é a súa música, vestiario e atrezo similar, os que transportarán ao espectador ao espectáculo do xienense.

A banda lucense nace en 2014 como grupo de versións, pero é desde 2018 cando só interpreta temas de Joaquín Sabina, cultivando desde o inicio un gran éxito de crítica e público. Nas súas actuacións non poden faltar cancións célebres como: Y nos dieron las diez, 19 días y 500 noches, Calle melancolía, Princesa, ¿Quién me ha robado el mes de abril?, Y sin embargo o Pacto entre caballeros, entre otras.