Skip to main content
Guitiriz

A aula CeMIT de Guitiriz convoca un taller de competencias dixitais para a busca de emprego

Por 10 Xuño, 2022Sin comentarios

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do concello de Guitiriz convoca un Taller de competencias dixitais na procura de emprego Elabora o teu C.V.

O obxectivo da actividade formativa é a de aprender a preparar un currículo para que sexa útil, eficaz e atractivo durante o proceso de selección para un posto de traballo.

Esta actividade da Aula CeMIT Guitiriz desenvolverase os días 21, 22 e 23 de xuño de 10:00h a 12:00h, cunha duración de 6 horas e está destinada a toda persoa que necesite elaborar o seu currículo profesional dende cero ou actualizalo.

A actividade conta con prazas limitadas. A inscrición realizarase na propia aula aula Cemit en horario de 10 a 12 horas.

Prazo de inscrición dende ata o 16  de xuño. Para máis información chamar ao teléfono 982.370.062 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.guitiriz@xunta.gal

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.