Skip to main content
Guitiriz

Todo listo para o II Festival de Poesía Guitirica

Por 16 Xuño, 2022Xullo 3rd, 2022Sin comentarios

Na primeira fin de semana de xullo terá lugar en Guitiriz na Casa Habanera a segunda edición do Festival de Poesía que organiza a Nova Poesía Guitirica NPG coa colaboración do concello e a Asociación de Hosteleria local.

A programación, que foi presentada hoxe, contará con actos para os máis novos, pasarrúas poéticos, presentacións das máis recentes novidades poéticas, concertos poéticos musicais, exposición de colaxes de Clara Martín e entregas dos premios Vilarinhas e Díaz Castro de poesía.

Este ano, a encargada de dar o pregón será a poeta Marica Campo, que sucede a Alfonso Blanco, pregoeiro do 1° Festival.

Guitiriz é con este festival unha das escasas localidades galegas que programan festivais de poesía entre as que están localidades como Ferrol, Allariz, Salvaterra, O Couto (Ponteceso), algunhas delas con moitos anos de experiencia.

Ter como grande referencia ao poeta local Xosé María Díaz Castro serviu de motor para a propria existencia e consolidación da NPG e a organización deste festival poético.

O festival dará comezo o vennres 1 de xullo cun espectáculo infantil ás 17:00 horas a cargo de Paco Nogueiras co título Brinca Vai! De aquí a acolá.

As intervencións poéticas estarán ao cargo de  Luz Darriba, Xulio Pardo de Neira, Ainhoa Conde e María Xosé Lamas. Todo esto despois da inauguración da exposición de collaxes de Clara Martín. Finalizará a xornada, ás 29.30 horas, co concerto de Corredores de sombra.

Clara Blanco abrirá a programación o sábado, ás 11.15, antes do pregón inaugural. Durante a tarde continuarán coas intervencións de Moncho Bouzas, Luz Airado, Curra Figueroa, Eladio Rodriguez, Lino G. Salgado, Pura Tejelo, María Álvarez Landesa, Eva Teixeiro e Alba María.

A claura musical do día estará ao cargo de Folerpa de Son.

O domingo 3 de xullo, ás 11:30 horas, será a entrega dos premios Díaz Castro de poesía e Vilarinhas de micro poesía coa música de Roger de Flor e Pedro Montilla .

No mes de xullo as Vilarinhas 2022 estarán expostas nas farolas de Guitiriz e a mostra de Clara Martín permanecerá aberta do 1 ao 29 de xullo.