Skip to main content
Guitiriz

Torta de Millo volve aos escenarios coa obra ‘Radio Opinión’

Por 18 Xuño, 2022Sin comentarios

O grupo guitiricense Torta de Millo porá en escena a obra Radio Opinión.

Este colectivo forma parte da xunta local da Asociación Española de Loita contra o Cancro de Guitiriz e a obra supón a volta ao escenarios do elenco tras unha longa pausa pola pandemia.

A obra está escrita por Anxo Manoel, director da formación.

O espectáculo terá lugar na Casa Habanera hoxe sábado 18 ás 10.30 horas con entrada libre ata completar o aforo.