Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz abre o prazo de inscrición para os cursos de natación de verán

Por 21 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz abriu onte o prazo de inscrición para os cursos de natación que se levarán a cabo durante os meses de xullo e agosto na piscina municipal e que están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos, ambos incluídos.

O período de inscrición finaliza o martes 28 de xuño e as persoas interesadas poderán formalizala por sede electrónica en guitiriz.sedeelectronica.gal ou de xeito presencial no Rexistro da casa consistorial de 8:30 a 14:30 horas, con cita previa.  As prazas están limitadas a 32 e serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición.

Os cursos darán comezo o venres, 1 de xullo, e levaranse a cabo todos os martes e os venres dos meses de xullo e agosto en horario de 11:30 a 12:14 horas e de 12:15 a 13 horas. Os luns estará reservado para a Asociación Alume, de 13 a 14 horas.

Para máis información, no teléfono do Concello 982 370 109 ou no correo electrónico deportes@concellodeguitiriz.com