Skip to main content
Guitiriz

A piscina municipal de Guitiriz abre o luns a tempada

Por 25 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz abrirá a piscina municipal o próximo luns, 27 de xuño, ás 15 horas. Esta instalación permanecerá aberta ata o domingo 4 de setembro, con peche previsto ás 20 horas.

Durante os meses de xullo e agosto o uso da piscina municipal por parte do público en xeral combinarase cos cursos de natación dirixidos a rapaces e rapazas de 4 a 12 anos que se celebrarán de martes a venres de 11:30 a 13 horas. Por iso, o horario de apertura para o público no mes de xuño será de 15 a 21 horas, en xullo e agosto de 14 a 21 horas e en setembro de 15 a 20 horas.