Skip to main content
Guitiriz

A Feira de Parga recupera o mercado de galiñas e aves

Por 26 Xuño, 2022Sin comentarios

A Feira de Parga celebra hoxe a segunda cita mensual con esta celebración e faina co permiso da Xunta para celebrar o tradicional mercado de galiñas e outras aves, que fora suspendido no mes de xaneiro por orde do Goberno autonómico debido ao gromo de gripe aviar.

Este permiso chega tras unha serie de trámites que se levaron a cabo para adquirir o permiso e que obriga a tomar unha serie de medidas entre as que figuran varias prohibicións como a de comercializar aves que procedan de explotacións sen rexitrar ou mercar aves que. non teñan REGA. Tamén está vedada a manipulación de aves fóra das gaiolas ou sacar estas fóra do espazo cuberto.

Por outra banda, a Feira de Para recupera a titularidade do REGA do mercado de animais, que dende o 2007 estaban en mans do Concello de Guitiriz. Este cambio prodúcese de común acordo coa alcaldesa, Marisol Morandeira.

A normativa tamén impide o uso de caixas de cartón ou de madeira como gaiolas ou comercializar parrulos, gansos ou especies silvestres.