Skip to main content
Muras

Muras acollerá a primeira sesión do congreso de fotografía

Por 26 Xuño, 2022Sin comentarios

Como moitas outras actividades, o Congreso de fotografía de longa exposición de Ares (LEA V), que veu organizando a Asociación Fotógrafa Ferrolterra, estivo en suspenso ao longo dos últimos dous anos. Pero, por fin, este 2022 volve celebrarse, tal e como anunciaron Mikel Díaz e Marcos López, presidente e vicepresidente da entidade.

O colectivo pon en marcha este ano a quinta edición dun congreso no que participarán expertos en fotografía diúrna de longa exposición como Luís Cagiao, ou en paisaxe nocturna e estrelas como Julio Castro.

O congreso, que se desenvolverá do 28 ao 30 de xullo no Mosteiro de Santa Catalina en Ares, levará a cabo a primeira xornada en Muras, unha das zonas starlight na que a asociación desenvolve moitas das actividades de astrofotografía.

Julio Castro e Rafa Ruiz protagonizán unha master class de Fotografía ademais dunha exposición de astrofotografía que se poderá visitar na casa do médico. A sesión, que se desenvolverá durante a noite, leva incluída unha acampada libre e gratuíta no cámping de caravanas.

Os días 29 e 30 será o mosteiro aresano situado en Montefaro o lugar no que tamén estarán relatores da talla de Antonio M. Tomás, Paulino Gasalla, Frodo Álvarez ou Felicita Russo que achegarán aos asistentes ás técnicas de astrofotografía, Lightpainting e Darklight.

A inscrición xa está aberta a través deste enlace.