Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei presenta o seu programa de actividades de verán

Por 5 Xuño, 2022Xuño 6th, 2022Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei presentou a súas actividades de verán , organizadas en varios bloques atendendo á súa organización e para as que está aberto dende este luns o prazo de inscrición.

Así, está a disposición dos veciños unha oferta lúdica que conta con máis de 400 prazas que se poden solicitar ata o 20 de xuño no teléfono 982 393 408.

ACTIVIDADES CULTURAIS

Dentro deste apartado están previstos dous campamentos urbanos para nenos de 4 a 7 anos por unha banda e de 8 a 12 pola outra, que se desenvolverán nas dúas primeiras semanas de xullo. A primeira será a vez dos máis pequenos, que terán horario de mañá, e a segunda será para os maiores con horario de 10.00 a 20.00. horas.

Volverán a organizarse tamén as viaxes á praia os domingos do 10 de xullo ao 28 de agosto a un prezo de 3 euros.

Xa para setembro están previstos dous cursos, un de plantas aromáticas e mediciñais e outro sobre vimbrio e materiais reciclados. O primeiro será en Robra, gratuíto, e o segundo en Matela a un prezo de 20 euros.

Ademais haberá unha ruta de senderismo, concretamente pola Ruta Arqueolóxica do Acevedo, o 17 de setembro cun percorrido de dez quilómetros.

OMIX

A Oficina de Información Xuvenil contará tamén con outro tipo de actividades como o campamento multiaventura para rapaces da ESO, que terá lugar do 22 ao 24 de xuño.

Tamén haberá clases de zumba os martes e xoves de 20.00 a 20.45 horas nos meses de xullo, agosto e setembro. Será para maiores de 12 anos a un prezo de 20 euros.

Tamén abriron tamén unha quenda de cursos de pádel a partir do 2 de setembro. Haberá dous para grupos de infantil e outros dous para adultos.

PROMOCIÓN DA MULLER

Continúa o programa anual das actividades organizadas no Concello para a promoción da muller cun curso de taekwondo que comezará a mediados de setembro e que se prolongará ata antes do Nadal. Nas mesmas datas tamén se celebrará unha nova formación en novas tecnoloxías.

Para novembro está previsto tamén un obradoiro de saúde para a muller, o día 7, e a celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero cunha andaina popular.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Para este verán están previstas unha serie de actividades deportivas que comezarán neste mes de xuño nalgúns casos e que se prolongarán ata setembro. Este é o caso de ioga e piragüismo.

Xa en xullo iniciaranse o resto, que consisten en BTT, baloncesto de tecnificación, tiro on arco, pilates, tenis de inciaición, patinaxe e tenis.