Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Lara Pita pasa a encabezar o BNG de Outeiro de Rei

Por 19 Xuño, 2022Sin comentarios

A asemblea do BNG en Outeiro de Rei vén de escoller a nova responsabilidade local da organización a través dun proceso democrático, participativo e asembleario.

A militancia nacionalista decidiu pór a fronte a Lara Pita, veciña de Francos, ten 35 anos e é traballadora no Sergas.

A nova responsábel, Lara Pita, declarou “é unha honra que as compañeiras e compañeiros do BNG depositaran en min toda a confianza para proxectar a organización”.

Lara Pita destacou os obxectivos desta nova andaina “en Outeiro témolo claro, o BNG é a única garantía para cambiar o rumbo do noso concello, polo que saímos a por todas para gañar a alcaldía nas vindeiras eleccións do 2023”.

Neste sentido, a nova responsábel local fixo fincapé na corrente de simpatía hacia o BNG “día a día, máis persoas súmanse ao proxecto do BNG, somos a alternativa para acadar un novo Outeiro de futuro e progreso e deixar atrás a eterna decadencia do PP á fronte do Concello”.