Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Abre o prazo para participar no II Campionato de escultores con motoserra de Outeiro

Por 19 Xuño, 2022Sin comentarios

Ata o xoves día 23 de xuño estará aberto o prazo de inscrición para participar no II Campionato de escultores con motoserra que o Concello de Outeiro de Rei organiza dentro do programa de actividades previsto con motivo da celebración da XIV Feira de Artesanía.

As solicitudes para participar no concurso formalizaranse no modelo establecido a tal efecto (Anexo I), presentándose no rexistro xeral do Concello de Outeiro de Rei (físico ou electrónico) ou no enderezo electrónico feiras@outeiroderei.org.

As solicitudes deberán vir acompañadas da fotocopia do DNI da persoa que solicite a súa participación e do seu certificado de empadroamento, se procede (consultar as bases neste enlace).

A temática das obras deberá estar relacionada con algún oficio artesanal a elección dos participantes. Valorarase, a contribución da obra á valoración dos oficios artesanais, o acabado da obra e o equilibrio de formas.