Skip to main content
Axenda CaducadaDeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei acolle un torneo de fútbol 7 dende este venres

Por 23 Xuño, 2022Xuño 26th, 2022Sin comentarios

Un total de 14 equipos de fútbol 7 participarán dende mañá en Outeiro de Rei nun torneo amistoso que precede á celebración da final da Copa Deputación, no que o equipo local é un dos finalistas.

Os partidos darán comezo na tarde do 24 para continuar durante todo o sábado e a mañá do domingo, cando se disputarán as fases finais.

O campo municipal acollerá esta celebración, na que se haberá cinco equipos premiados, que recibirán unha compensación económica ademais do trofeo. Os gañadores serán os catro primeiros equipos clasificados así como o mellor local fóra dos 4 primeiros.

Tamén haberá distinción para o máximo goleador do torneo.

Durante o mesmo haberá un xantar con churrasco, empanada, liscos e chourizo para todos os que queira por 11 euros.

Unha vez finalizado o torneo, os participantes asistirán na tarde do domingo á celebración do partido da final da Copa Deputación entre o Chantada Atlético e o Outeiro de Rei no campo da Medela, en Taboada.