Skip to main content
Axenda CaducadaOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Últimos días para participar na carreira solidaria de Outeiro de Rei

Por 28 Xuño, 2022Xullo 3rd, 2022Sin comentarios

Coincidindo coa celebración da Feira de Artesanía, o concello de Outeiro de Rei organiza unha nova edición, a sexta, da súa carreira solidaria, que se celebrará tamén o domingo 3 de xullo.

A carreira faise baixo o título SOMOS xente CORREnte e está dirixida a todas as idades. A absoluta, para as categorías sénior e veterano, será ás 10.30 horas con saída na praza do Concello e chegada ao Campo de Santa Isabel cunha lonxitude de 5.800 metros.

Haberá tamén unha carreira infantil e cadete para os nados entre 2006 e 2009, de 1.400 metros; outra alevín (2010 e 2011) de 1.100, a prebenxamín e benxamín para aqueles con data de nacemento entre 2015 e 2012 de 700 metros, e unha última para a categoría chupete na que participarán todos aqueles nados antes do 2016. Estas edicións para pequenos terán lugar ás 11.15 horas no Campo de Santa Isabel.

A entrega de premios será ás 13.00 horas e haberá trofeos para os tres primeiros de cada cadetgoría da proba absoluta e medalla conmemorativa para todos os inscritos nas carreiras de menores.

A parte solidaria da carreira será que a recaudación da mesma destinarase nun 50% á asociación SOMOS Unidos polo Cancro para a investigación desta enfermidade. A outra parte irá para un fondo de emerxencia para os refuxiados pola guerra de Ucraína.

A inscrición xa está aberta e pode realizarse a través da web www.carrerasconencanto.com. O prazo remata o día 1 de xullo.

A cota de inscrición será de 5 euros para a carreira absoluta e gratis para as categorías de menores.