Skip to main content
A Pastoriza

Recollida de plásticos de silos na Pastoriza esta semana

Por 4 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello da Pastoriza pon en marcha a recollida de plásticos de silos porta a porta. A recollida será na explotación que o solicite os días 7, 8, 9 e 10 de xuño.

Os usuarios que estén interesados na recollida de plásticos de silo deberán poñerse en contacto co teléfono 982 332 197, onde será anotada a solicitude e pasarase a recoller nos días seguintes, segundo a ruta que lle corresponda, e baixo os seguintes condicionados:

Os plásticos deberán estar depositados nun lugar de fácil acceso para o vehículo de recollida, sen atrancos que a entorpezan ou ralenticen e dentro da explotación. Non se poderán depositar en bens de uso ou dominio público, lembrando a prohibición de depositalo nos contenedores de lixo ou ao seu carón.

Os plásticos deberán ir limpos de terra (só plásticos de silo, non se aceptarán nin cordóns, nin garrafas, nin calquera derivado da actividade agrícola).