Skip to main content
A Pastoriza

Remataron as obras na rúa José Yáñez García da Pastoriza

Por 1 Xuño, 2022Xuño 4th, 2022Sin comentarios

O Concello da Pastoriza deu por finalizadas as obras na rúa José Yáñez García, que consistiron na renovación dos servizos e a construción de beirarrúas.

Os traballos leváronse a cabo en 70 metros de rúa e consistiron no cambio da rede de servizos de abastemento de auga, telefonía, alumeado público e rede separativa de augas pluviais e fecais.

Estas obras contaron cun orzamento de 60.000 euros ccon cargo ao Plan Único do ano pasado.

OUTRAS OBRAS

Por outra banda, os operarios do Concello continúan cos labores de mellora das instalacións e zonas públicas do termo municipal. Así, realizouse a limpeza e roza das ETAP de Fonmiñá e Carrizal; dos depósitos da auga de Pastoriza; da carballeira na praia fluvial de Baltar, IES Fonmiñá, colexio de Bretoña, campo da Aguarda, escolas de Úbeda e Vián, entre outras.

Por outra banda, tamén se instalaron bandas rugosas na Pastoriza para o calmado do tráfico así como o pintado do cruce coa estrada de Baltar.