Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

Vián celebra esta fin de semana as festas patronais

Por 3 Xuño, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

A parroquia de Vián, na Pastoriza celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra da Santísima Trinidade.

A celebración dará comezo o sábado día 4 cunha misa solemne, ás 13.30 horas, seguida de procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Venecia, que tamén tocará na verbena xunto a Capitol.

O día 5 continuará a celebración de novo cunha misa, nesta ocasión ás 14.00 horas, e de novo a orquestra Venecia porá o punto e final á celebración  ao mediodía.