Skip to main content
A Pastoriza

Estudantes de Zaragoza de intercambio na Pastoriza foron recibidos na Deputación e no Concello

Por 17 Xuño, 2022Sin comentarios

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, recibiu este xoves no Pazo de San Marcos a 56 escolares de entre 11 e 12 anos do CEIP O Salvador da Pastoriza e do Centro Rural Agrupado Bajo Gállego de Zaragoza. Ambos centros, que recibiron un premio do Ministerio de Educación polo seu proxecto conxunto Sustentabilidade, saúde e deporte no medio rural, participan estes días nun intercambio que se enmarca nese recoñecemento.

No encontro que tivo lugar no Salón de Actos, García Porto explicoulles o que é a Deputación e o papel que xoga no día a día dos cidadáns. Puxo en valor o patrimonio natural da provincia e a ampla diversidade que atesoura o territorio lucense. 

Os escolares visitaron pola mañá a Ribeira Sacra, viaxaron no catamarán da Deputación que parte de Ponte do Sil invitados pola institución e xa pola tarde coñecerán a cidade de Lugo.

Este grupo de alumnos de intercambio foron recibidos o luns tamén no Concello da Pastoriza pol seu alcalde, Primitivo Iglesias.