Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

A CHMS traballa na conservación do río Azúmara ao seu paso por Pol

Por 11 Xuño, 2022Xuño 13th, 2022Sin comentarios

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa traballando na limpeza de leitos e marxes dos ríos de Lugo.

Nestes días, as cinco brigadas destinadas na provincia de Lugo están a executar actuacións de mellora da capacidade de desaugadoiro nos ríos Támoga, Miño, Ferreira, Rego Guimarans e Azúmara, nos municipios de Cospeito, Lugo, Portomarín, Castro de Rei e Pol.

Actuacións en Pol

Máis concretamente, no río Azúmara, ao seu paso polo municipio lucense de Pol, a actuación comprende unha lonxitude total de 8 km de leito. Os traballos consisten na mellora da capacidade hidráulica e na retirada dos tapóns illados que se atopan ao longo de todo o tramo, así como, árbores caídas e con perigo de caída.

“Estas actuacións, proxectadas despois da inspección da nosa gardería fluvial, son a clave para mellorar a capacidade de desaugadoiro do río e evitar danos ás persoas e os seus bens en momentos de intenso caudal” matizou Quiroga.

“Desde a CHMS traballamos para que os cidadáns gocen e valoren a riqueza natural que forman os ríos e o ecosistema que os sustenta, coñecer para valorar, leste é o obxectivo”, concluíu o presidente.