Skip to main content
As Pontes

Cohempo organiza o sábado unha charla de Elsa Punset

Por 2 Xuño, 2022Xuño 4th, 2022Sin comentarios

Cohempo, a Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses organiza este sábado, 4 de xuño, as II Xornadas de Motivación con Elsa Punset.

A sesión será ás 19:00 horas no Cine Alovi. Estas xornadas están dirixidas a socios pero hai prazas libres que poñen a disposición de todos/as os que queiran asistir ata completar aforo.

Así, os interesados en anotarse poden facelo no  email cohempo@cohempo.es ou no teléfono 694 446 724.