Skip to main content
As Pontes

As Pontes inicia este luns unha semana de actividades musicais

Por 5 Xuño, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A música será a protagonista esta semana nas Pontes a través de varias actividades organizadas polo Conservatorio de música local e tamén pola escola de música da banda.

Así, este luns, 6 de xuño, dará comezo por parte do conservatorio unha actividade lúdica que consiste nunha gran xincana musical na que equipos de 3 e 4 alumnos deberán superar varias probas musicais.

Esta xincana terá continuidade ata o 10 de xuño.

Ademais, o día 10, venres, está previsto un concerto solidario a favor de cáritas que leva por título A tarde do bolero.

Trátase dunha actuación conxunta dos alumnos do conservatorio das pontes e Rondalla Vila das Pontes. Está convocado diante dos Concello, ás 20.30 horas pero en caso de mal tempo terá lugar na Casa Dopeso.

BANDA DAS PONTES

A Banda Cultural e Recreativa das Pontes continúa esta semana coas audicións do terceiro trimestre que deron comezo o vernes cos de iniciación á música.

Así, este luns será a vez da percisión, o m,artes do grupo de oboe e metal, o mércores o de clarinete e trompeta e o xoves o saxofón e trompa.

Todas estas actuacións terán lugar a partir das 19.30 horas. Ademias, o venres, ás 18.00 será os alumnos de frauna e clarinete os que fagan a súa mnostra e pecharán o venres ás 20.00 horas cos solistas con pianista acompañante.

Por outra banda, este colectivo ten aberto o prazo de matrícula para o curso de iniciación á música para nenos de 3 a 5 anos. Trátase dunha formación dun día á semana cunha duración de 45 minutos na que os nenos aprenderán esta disciplina dun xeito lúdico e didáctico. As persoas interesadas nesta escola poden poñerse en contacto co colectivo no 610 505 116 ou nas redes sociais.