Skip to main content
As Pontes

Organizan nas Pontes un coloquio sobre a atención temperá

Por 11 Xuño, 2022Xuño 13th, 2022Sin comentarios

O soto da Casa Dopeso das Pontes acolle este luns, 13 de xuño, unha charla sobre a atención temperá, que terá lugar a partir das 19.00 horas.

O principal obxectivo da Atención Temperá é que as nenas e nenos que presentan trastornos no seu desenvolvemento ou teñen risco de padecelos, reciban todo aquilo que desde a vertente preventiva e asistencial poida potenciar a súa capacidade de desenvolvemento e de benestar, posibilitando da forma máis completa a súa integración no medio familiar, escolar e social, así como a súa autonomía persoal.

Neste encontro, ofreceranse pautas para dar unha resposta o máis pronto posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan as nenas e nenos de 0 a 6 anos, e presentará un conxunto de técnicas encamiñadas a desenvolver ao máximo a potencialidade do neno/a, aproveitando os estímulos que ofrece a súa contorna.

Será necesaria a inscrición previa a través dun formulario on line ou no departamento de servizos sociais do Concello.