Skip to main content
As Pontes

Travis Birds será outro dos atractivos do programa das festas das Pontes

Por 14 Xuño, 2022Xullo 15th, 2022Sin comentarios

Travis Birds será parte da programación das Festas do Carme e da Fraga 2022, co concerto que ofrecerá sobre La Costa de los Mosquitos Tour, o venres 15 de xullo, ás 21.30 horas no Canal IV.

En 2021, Travis Birds lanzaba La Costa de los Mosquitos, o seu segundo traballo discográfico. Con este disco puidemos asomarnos á súa habitación, ao seu mundo interior; unha estancia chea de matices, de cores, de texturas…unha habitación que xerou un disco cheo de cancións que removen por dentro dunha forma que consegue erizar a pel. Con este disco marcaba un antes e un despois na súa traxectoria na que os grandes fitos non faltaron.

Tras o éxito alcanzado con Coyotes, cabeceira da serie El Embarcadero, a marabillosa versión xunto a Benjamín Prado de 19 días e 500 noches de Joaquín Sabina e formar parte da banda sonora de Sky Rojo -serie de Netflix- con Thelma e Louise, agora a artista madrileña lánzase á estrada con La Costa de los Mosquitos, unha xira na que leva ao directo todas esas emocións para transmitir todo o que o imaxinario de Travis Birds ofrece.

Ademais, poderemos gozar dos novos singles que presentará ao longo de 2022, cancións coas que logrará alcanzar unhas dimensións nunca antes vistas na súa carreira.

Por todo iso, incluíndo un gran talento diferenciador e o ter a voz máis característica do panorama musical actual, merece a pena gozar da súa arte en directo.