Skip to main content
As PontesAxenda TERRACHÁXA

Presentan o cuarto caderno da Fundación do museo Monte Caxado

Por 21 Xuño, 2022Sin comentarios

O vindeiro día 8 de xullo de 2022 ás 20:30 horas na Praza da Igrexa das Pontes terá lugar a presentación pública do cuarto caderno que edita anualmente a Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado en colaboración coa Deputación da Coruña e que leva por título Lendas ilustradas do Eume e Ortegal.

Este novo número presenta a través das súas 136 páxinas, 47 lendas, contos e tradicións, recollidos ate o momento no territorio de referencia e que chegaron ate nós por medio da transmisión oral.

Ademais, o seu autor, José María López Ferro, introduce cada unha das lendas a través de debuxos orixinais realizados ex profeso para a publicación.

A entrada ao acto de presentación será de balde e cada asistente recibirá como agasallo un exemplar da publicación.