Skip to main content
As Pontes

Remata o prazo para inscribirse no campus de verán do Club Patín As Pontes

Por 20 Xuño, 2022Sin comentarios

Hoxe, 20 de xuño, remata o prazo para inscribirse no Campus de Verán organizado polo Club Patín as Pontes.

Trátase dunha actividade que busca a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de verán.

Neste campus establécese dúas quendas, do 4 ao 8 e do 11 ao 15 de xullo, con horario de 9.00 a 14.30 horas para rapaces de entre 4 e 15 anos.

Nestas sesión realizaranse numerosas actividades nas que o patinaxe e o hockey serán coprotagonistas co baloncesto, rugby, fútbol ou mesmo piragüismo, entre outras ocupacións vinculadas ao ocio.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través dos teléfonos 664 777 284 e 686 957 902.