Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

A Casa das Insuas celebra este domingo unha recollida de lixo

Por 3 Xuño, 2022Xuño 5th, 2022Sin comentarios

A Casa das Insuas de Rábade celebra este domingo día 5 de xuño o Día Mundial do Medio Ambiente cunha xornada de voluntariado de recollida de lixo nas Insuas. “Porque actuar a favor do medio ambiente xa non é unha recomendación, é unha necesidade! O seu coidado empeza por cada un de nós!!”, explican na súa cita.

Os interesados en sumarse a esta iniciativa están citados entre as 10 e as 14 horas na propia Casa das Insuas en Rábade.

É unha actividade de voluntariado gratuíta, pero é preciso inscribirse co formulario que hai na web: www.custodiadoterritorio.org/actividades.

Ofrecerase máis información por teléfono ou Whatsapp no 630 94 82 93. Recomándase que se leve rouape roupa e calzado de traballo así como luvas de goma.