Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade entrega os seus premios do concurso de contos

Por 16 Xuño, 2022Sin comentarios

O concello de Rábade acolleu o acto de entrega dos premios do Concurso de Contos organizado polo día das Letras Galegas a través da institución municipal.

Este ano houbo dous primeiros premios, que foron para Antía Yáñez Morillo é Adriana Campello; dous segundos premios, para Claudia Ulla García e Martín Randis De Arriba e outros dous terceiros, que corresponderon a Hugo Porto Novo é Julia Sanjurjo Castiñeira.

Tódalas e tódolos participantes recibiron un diploma e os premiados material escolar e diploma.

Estiveron no acto a concelleira de Cultura, María José De Arriba Redondo, o tenente Alcalde e concelleiro de Deportes, Alejandro Martínez Campos, e a concelleira do Partido Popular, Remedios González Cabarcos.