Skip to main content
Axenda CaducadaRábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Organizan unha nova charla preventiva para maiores en Rábade

Por 28 Xuño, 2022Xuño 29th, 2022Sin comentarios

O mércores 29 de xuño, ás 12:00 horas no centro sociocultural de Rábade, terá lugar unha charla informativa da Garda Civil, dentro do Plan Maior Seguridade, onde se tratará de amosar os principais riscos dos nosos e nosas maiores e se aportarán unha serie de consellos para previlos, co obxectivo de ter unha maior seguridade e un maior benestar.

Entre outros temas tratarase sobre accidentes, seguridade vial, medidas de autoprotección, estafas, riscos, internet, etc.