Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Convocada unha xornada de portas abertas do Vilalba FS

Por 4 Xuño, 2022Sin comentarios

O Vilalba FS acollerá ata o 17 de xuño as súas tradicionais xornadas de portas abertas para incentivar a participación dos pequenos, que se acheguen a este deporte e tamén coñezan o funcionamento do club.

Estas organízanse en función duns horarios dependendo da idade do pequenos. Tamén haberá distintos pavillóns polo que se remomenda contactar co club para concertar visita e pavillón. Os teléfonos de contacto son  con Quini no 639 620 978 e con Miguel no 647 917 259.

Seguirase o seguinte horario:

  • Prebenxamín (nados despois 2014): martes e xoves 16:00-17:00
  • Benxamín (nados no 2012-2013): mércores e venres 16:00-17:00
  • Alevín (nados no 2010-2011): martes e xoves 17:00-18:00
  • Infantil (nados no 2009-2008): mércores e venres 17:00-18:00
  • Cadete (nados no 2007-2006): martes e xoves 18:00-19:00
  • Xuvenís (nados no 2005-2004-2003): martes e venres 18:00-19:00
  • Femenino (todas as idades): venres 19:30