Skip to main content
Vilalba

O Paseo dos Soños de Vilalba contará cun novo Hectómetro Literario

Por 5 Xuño, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Paseo dos Soños de Vilalba contará cun novo Hectómetro Literario, o décimo sexto, por iniciativa da Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María.

Nesta ocasión estará dedicado a Sonia Villapol, neurocientífica e mestra no Instituto de investigación do Hospital Methodist de Houston.

Para este acto farase unha camiñara polo Paseo dos Soños ata o hectómetro labrado por Fernando Villapol, acompañados polo gaiteiro Raúl Galego.

Este encontro de erección dun novo monolito será ás 12.00 horas no Muíño do Rañego e intervirán Alberto Avendaó, xornalista e poeta, Modesta Campo Valiña, mestra en ciencias, Sabela Corbelle, xornalista, Paco Martín, Premio Nacional de Literatura, María Xosé Porteiro, xornalista e escritora, Guillerme Rodríguez Ososrio, mestre e psicopedagogo, e Xulio Xiz, xornalista e escritor.

Ademais haberá unha intervención musical de Marina Oural Villapol, bailarina, poeta e artista, e de Ugía Pedreira, artista e escritora.

Por outra banda, farase un xantar ás 14.30 horas no hostal Terra Chá ao que para asistir hai que anotarse chamando ao teléfono 646 413 890.
No Paseo dos Soños de Vilalba teñen xa cadanseu Hectómetro Literario Miguel Anxo Fernán Vello, Paco Martín, Manuel María, Agustín Fernández Paz, Darío Xohán Cabana, Xabier P. Docampo, Xosé Manuel Carballo, Margarita Ledo, Helena Villar-Xesús Ràbade, Xosé Chao Rego, Ramón Luis Chao, Xulio Xiz, Mini e Mero, e Alfonso Blanco Torrado.