Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O Grupo Forma-T Vilalba FS xogará este sábado polo ascenso a Segunda B

Por 7 Xuño, 2022Sin comentarios

O equipo de Terceira División Nacional do Grupo Forma-t Vilalba FS  xogará este sábado, 11 de xuño, ás 18 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba o partido de ida da final polo ascenso á 2ª División B contra o Arenas de Manzaneda FS.

O equipo vilalbés que realizou unha espectacular tempada perdendo soamente catro partidos na liga regular e gañando os play off de Galicia nas semifinais ao Sport Sala Culleredo FS (7-2) e na final ao SD Xove (9-6), tentará obter un bo resultado para ir a terras asturianas a acadar o ascenso de categoría.

O Arenas de Manzaneda FS quedou campión de Liga na Terceira División asturiana nun grupo con menos equipos que o galego e que rematou a tempada fai uns meses.

Desde o club vilalbés pídese o apoio aos siareiros para que o Pavillón Municipal de Vilalba rexistre a mellor entrada da tempada e que axuden coma sempre ao equipo a lograr a victoria.