Skip to main content
Vilalba

A Deputación aporta medio millón de euros para reurbanizar a vilalbesa rúa da Pravia

Por 8 Xuño, 2022Sin comentarios

A Deputación achegará 250.000€ a través dun convenio de colaboración que o mandatario provincial xa asinou coa Alcaldesa e outros 250.000 a través do Plan Único, mentres que o Concello aportará 435.774,25€ para facer realidade a obra.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou xunto coa Alcaldesa de Vilaba, Elba Veleiro Fernández, no Pazo de San Marcos, un convenio de colaboración para a reurbanización da rúa da Pravia por un importe de preto de 1M€. Un proxecto co que a institución provincial colabora aportando máis da metade do investimento necesario, un total de medio millón de euros, a través de dúas vías: 250.000€ a través deste acordo e outros 250.000 a través do Plan Único 2022. Pola súa banda, o Concello chairego aporta un total de 435.774,25€ para facer realidade esta actuación.

Este proxecto para a rúa da Pravia consistirá no cambio a dirección única da vía e a construción dunha rotonda en cada un dos seus extremos para resolver os problemas de tráfico existentes, mellorando a fluidez e ampliando o espazo peonil coa integración dos espazos nunha plataforma única que mellorará as prestacións dunha das principais rúas do municipio. Tamén está previsto dotar a esta vía dunha nova rede de alumeado con tecnoloxía LED, en base a criterios de eficiencia e aforro enerxético, e a mellora integral da rede de abastecemento e de saneamento.

A rúa contará cun carril central para o paso de vehículos rodados de 3 metros e, nas súas marxes, bandas de máis de dous metros de pavimentos permeables, que alternarán os aparcadoiros coas zonas verdes. Polo que respecta á nova rede de abastecemento, virá a solucionar os problemas existentes. Tamén está previsto dotar a esta vía de seccións soterradas para as redes aéreas de telecomunicacións e electricidade.

O presidente subliñou a importancia do apoio económico da Deputación ao Concello de Vilalba porque permitirá “mellorar os servizos públicos e dinamizar a economía do municipio chairego” ao actuar nunha das vías que máis tráfico acumula no municipio e na que se atopan un bo número de locais comerciais e hostaleiros.

José Tomé enmarcou esta actuación no compromiso da Deputación de cooperar cos concellos. “Esta é a nosa función esencial, colaborar cos 67 concellos da provincia na medida das posibilidades e dos recursos da institución para que poidan ofrecer máis e mellores servizos ós seus veciños e veciñas”, asegurou.

Outros investimentos no concello chairego

A Deputación de Lugo inxecta no Concello de Vilalba 500.000€ a través do Plan Único 2022, que inclúe diferentes liñas de actuación, como a mellora de infraestruturas, creación de emprego e o Servizo de Asistencia no Fogar. Por outra banda, a institución provincial tamén ten comprometida a terceira anualidade dos 680.000€ que destinará para creación dun parque acuático na área da Madalena.

residente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou xunto coa Alcaldesa de Vilaba, Elba Veleiro Fernández, no Pazo de San Marcos, un convenio de colaboración para a reurbanización da rúa da Pravia por un importe de preto de 1M€. Un proxecto co que a institución provincial colabora aportando máis da metade do investimento necesario, un total de medio millón de euros, a través de dúas vías: 250.000€ a través deste acordo e outros 250.000 a través do Plan Único 2022. Pola súa banda, o Concello chairego aporta un total de 435.774,25€ para facer realidade esta actuación.