Skip to main content
Vilalba

Abre o prazo de solicitude para as axudas a escolares de Infantil en Vilalba

Por 14 Xuño, 2022Xuño 15th, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba anuncia as bases das axudas para adquirir material escolar dirixidas ás familias con nenos/as en Educación Infantil, entre os 3 e os 6 anos, no curso escolar 2022-2023.

As axudas destinaranse á adquisición de libros e material escolar para o alumnado matriculado nos centros públicos do municipio. Con estas axudas, o Concello de Vilalba colabora cunha franxa de idade que non ten acceso ás subvencións doutros organismos públicos.

Para a concesión das axudas, establécense dous grupos en función das rendas das familias solicitantes, de acordo aos baremos incluídos na convocatoria. Deste modo, haberá un grupo de renda ao que se lle concederá unha axuda de ata 100 euros, mentres que noutro grupo a axuda será de máximo 75 euros.

O orzamento total dedicado a estas axudas alcanza os 15.000 euros. No caso de que as solicitudes presentadas superen o presuposto, as axudas concederanse de menor a maior renda.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vilalba, ou noutros lugares pertinentes, ata o 27 de xuño de 2022. As persoas solicitantes deberán achegar os anexos indicados na convocatoria, así como os documentos necesarios.