Skip to main content
Vilalba

O San Xoán estará presente no barrio do mesmo nome de Vilalba

Por 15 Xuño, 2022Xullo 4th, 2022Sin comentarios

A vilalbesa Asociación Cultural de Veciños do Campo de San Xoán recupera as festas na honra do seu patrón e presenta o programa que se desenvolverá durante dous días.

A celebración dará comezo o propio xoves 23 co concerto do grupo Buxo Verdes, a partir das 20.00 horas, que fará un pasarrúas polos arredores e rematará cun concerto final na praza.

Ás 22.30 horas terá lugar o pregón das festas, que estará ao cargo de María Xosé Lamas, que dará paso á representación da Escola Municipal de Tetro co encendido do lume coa tirada de bola.

Finalmente, ás 00.15 horas terá lugar o concerto de Nuevo Plan, conxunto que versiona o rock español dos anos 80 e 90

O propio día de San Xoán, 24 haberá programación para os máis pequenos. A partir das 17.30 horas está previsto por unha parte unha actuación de títeres de Trecola Producións, co título Show do Barrallocas e tamén un mini concerto de Corredores de Sombras.