Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba muda ao horario de verán

Por 23 Xuño, 2022Sin comentarios

Como todos os anos, o Concello de Vilalba mudou esta quincena o horario dos edificios públicos debido ao comezo da tempada de verán. Este horario permanecerá así ata o 15 de setembro.

A oficina de turismoo está aberta de martes a venres, de 9:30 a 14 horas, e de 17 a 19. Os sábados o horario será de de 9:30 a 13:30.

Pola súa conta a biblioteca municipal funcionará de luns a venres entre as 8:30 e as 14:30 horas.

Así mesmo, a casa da cultura muda o seu horario de luns a venres, de 10:30 a 13:30h, e de 18 a 20 horas e os sábados será de 10:30 a 13:30 horas.