Skip to main content
Xermade

Momán celebra o sábado as festas na honra a San Antón

Por 8 Xuño, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A parroquia de Momán, en Xermade, celebra este sábado, 11 de xuño, as festas patronais na honra a San Antón comezando cunha misa cantada ás 13.00 horas polo coro da Uned Sénior de Momán.

Ao oficio relixioso seguirá unha procesión e sesión vermú coa orquestra Salsarena. E para rematar, xa pola noite, a partir das 22.30 horas, a mesma orquestra amenizará a verbena xunto ao dúo La Hora Bruja.