Skip to main content
Uncategorized @gl

Cae a hospitalización e as altas e soben os casos activos de covid

Por 3 Xuño, 2022Sin comentarios

A covid continúa co seu pequeno repunte de casos activos antes da fin de semana porque as altas seguen a ser escasas mentres a hospitalización descende de novo.

Así, hoxe hai 951 casos, 28 máis que onte, con 73 novos contaxios nas últimas 24 horas e 42 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 68.063 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.

A presión hospitalaria cae aínda que sobe na UCI, con 3 pacientes (1 máis). En planta son 25 enfermos (5 menos), 17 están no de Lugo (5 menos), 2 na Mariña e 6 en Monforte.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Volve caer o número de concellos limpos de covid dende o 9 de onte a  os 6 de hoxe. Ademais, 11 teñen por riba dos dez casos de covid (1 máis).

A Mariña

  • Foz: 11 (1 menos).
  • Ribadeo: 11 (1 máis).
  • Viveiro: 16 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, Riotorto e Xove.
  • Unha semana sen casos: O Vicedo e Trabada.

Terra Chá

  • As Pontes: 14.
  • Guitiriz: 15.
  • Outeiro de Rei: 14 (1 menos).
  • Vilalba: 20 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 16 (2 máis).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Lugo: 195 (12 menos).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, O Corgo, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín.
  • Unha semana sen casos: Navia de Suarna e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • Monforte: 40 (3 menos).
  • O Saviñao: 12.
  • Taboada: 10.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Sober.
  • Unha semana sen casos: Ribas de Sil.