Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid estáncase por debaixo dos 900 casos activos

Por 8 Xuño, 2022Sin comentarios

Xornada de continuidade da covid cos casos por debaixo dos 900 e os contaxios novos diarios menos de 100.

Así, hoxe hai 866 casos, 6 menos que onte, con 98 novos contaxios nas últimas 24 horas e 102 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 68.430 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.

A presión hospitalaria baixa. Na UCI do Hula hai 3 pacientes e en planta son 40 enfermos (4 menos), 30 están no de Lugo (3 menos), 4 na Mariña e 6 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Actualmente hai 5 concellos limpos de covid e 10 por riba dos dez casos de covid (2 máis).

A Mariña

  • Cervo: 10.
  • Viveiro: 22 (5 máis).
  • Xove: 10.
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Ribadeo, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • As Pontes: 10 (2 menos).
  • Castro de Rei: 11.
  • Outeiro de Rei: 13 (1 menos).
  • Vilalba: 17.
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Guitiriz, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.
  • Sen casos nunha semana: Friol.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 16 (3 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Lugo: 172 (6 menos).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, O Corgo, Palas de Rei e Pedrafita.
  • Unha semana sen casos: Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • Monforte: 29 (1 menos).
  • Taboada: 13.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Chantada, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.
  • Unha semana sen casos: Carballedo.