Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid suma dous falecidos máis e un novo aumento de casos

Por 9 Xuño, 2022Sin comentarios

A covid volveu superar este xoves a cifra dos 900 casos activos debido á escaseza das altas e engrosa a listaxe de falecidos con dous máis na provincia de Lugo.

Así, hoxe hai 902 casos, 36 máis que onte, con 88 novos contaxios nas últimas 24 horas e 48 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 68.516 casos rexistrados e 351 persoas falecidas (2 máis).

A presión hospitalaria mantense. Na UCI do Hula hai 3 pacientes e en planta son 40 enfermos, 33 están no de Lugo (3 máis), 3 na Mariña (1 menos) e 4 en Monforte (2 menos).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Actualmente hai 5 concellos limpos de covid e 10 por riba dos dez casos de covid.

A Mariña

  • Cervo: 10.
  • Viveiro: 22.
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Ribadeo, Riotorto, Trabada e Xove.

Terra Chá

  • As Pontes: 10.
  • Castro de Rei: 11.
  • Outeiro de Rei: 13.
  • Vilalba: 17.
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Guitiriz, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.
  • Sen casos nunha semana: Friol.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 16.
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Lugo: 172.
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, O Corgo, Palas de Rei e Pedrafita.
  • Unha semana sen casos: Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • Monforte: 29.
  • Taboada: 13.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Chantada, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.
  • Unha semana sen casos: Carballedo.