Skip to main content
Axenda CaducadaXove

Chega a Xove unha nova edición do Martelazo Rock

Por 18 Xullo, 2022Setembro 24th, 2022Sin comentarios

A asociación Martelos Costa Norte organiza unha nova edición do Martelazo Rock que se celebrará o vindeiro 24 de setembro no Concello de Xove.

Neste festival de carácter benéfico actuarán cinco bandas do panorama nacional como son Expropiazion, Calle del Ruido, Hammer Cross, River Crow e To-Xo.

Expropiazion son unha banda d epunk rock asturiano; Calle del Ruido fusiona rock, metal e sintetizadores co el fin de crear un estilo personal e difícil de clasificar, son orixinarios de Pontevedra. Hammer Cross é de Mieres e leva en marcha desde o 2013 facendo punk-rock visceral.

River Crow é unha banda de Ciudad Real e posúen un son contundente e directo, con riffs que chegan cheos de forza. To-Xo son unha banda de hard rock da Coruña.

Este festival acollerá unha sesión de rock, agasallos para os participantes, rutas en moto, sorteos, e xogos. Ademais terán zona de acampada e foodtrucks para completar o xantar.

Haberá prazas limitadas para o xantar polo que compre resevar entrada. A entrada para os concertos é totalmente de balde.