Skip to main content
Axenda CaducadaBarreiros

Inaugurada en Barreiros a exposicion Amar a Mar, Mariñas, Marosas e Maruxainas

Por 1 Xullo, 2022Xullo 17th, 2022Sin comentarios

Inaugurouse en Barreiros no Centro Sociocultural a exposicion Amar a Mar, Mariñas, Marosas e Maruxainas. Esta exposición promovida desde a Rede Museística Provincial pertencente á Vicepresidencia da Deputación de Lugo, xurdíu a raiz do 50 aniversario do Museo do Mar de San Cibrao e está percorrendo todos os concellos da Mariña. A través da mesma trátase de visualizar o traballo das mulleres en diferentes actividades ao longo dos anos, desde unha ollada transversal  e desde a perspectiva de xénero.

Á presentación asistiron a Deputada de Medio Rural e Mar, Mónica Freire, a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, o concelleiro de Dinamización Social, Daniel García, o fotógrafo da exposición Xosé Reigosa e a alcaldesa Ana Ermida, así como membros do goberno municipal e veciñas e veciños de Barreiros.

A exposicion poderá visitarse en horario de mañá ata o 17 de xullo.