Skip to main content
Ourol

O edificio multiusos de Ourol acollerá a presentación da primeira novela de Javier Mariño

Por 4 Xullo, 2022Xullo 13th, 2022Sin comentarios

O próximo día 7 de xullo ás 19.30 o edificio multiusos de Ourol acollerá a presentación da primeira novela de Javier Mariño,  Las jarras del trotamundos.

Este libro foi escrito durante a pandemia e o autor falará do protagonista, Alberto, quen viaxa por todo o mundo cumprindo o seu soño de coñecer todos os países que poida, á vez que tamén realiza unha viaxe persoal.

É unha novela de misterio, de amor, de amizade e de superación, unha novela vitalista imprescindible para este verán. O acto é de entrada libre e gratuíta.