Skip to main content
Xove

A Deputación inviste no aglomerado da vía que une Xove co Portiño de Morás

Por 2 Xullo, 2022Xullo 11th, 2022Sin comentarios

As melloras consistiron na renovación e ampliación en preto de 3 quilómetros desta estrada que conecta a capitalidade do concello mariñano coas parroquias de Lago e Morás, dando servizo á veciñanza e a traballadores de empresas da zona.

A Deputación de Lugo investiu máis de 270.000 euros para renovar e ampliar o pavimento da LU-P- 2601 no concello de Xove. Esta estrada que se acondicionou conecta a capitalidade do concello mariñano co Portiño de Morás, dando servizo á veciñanza das parroquias de Lago e Morás e tamén aos traballadores e traballadoras de varias empresas instaladas nesta zona.

As actuacións afectaron a case 3 quilómetros da estrada, dende o punto quilométrico 0,4 ata o 2,85. Ampliouse o ancho  da plataforma, habilitáronse dous carrís de 2,75 metros cada un e afirmáronse as zonas ensanchadas para que se puidera pavimentar a calzada con aglomerado en quente. 

Estas obras comezaron en pleno Estado de Alarma, porque na Deputación non deixaron de traballar nas estradas durante ese tempo xa que consideraron que dende a administración contribúen a dinamizar a economía provincial, ao mantemento do emprego e á creación de riqueza nestes tempos que foron e seguen a ser excepcionais.

Con estas obras materialízase, segundo fontes da institución, un dos principais obxectivos da Deputación, como é mellorar as comunicacións viarias, que son necesarias para verdadeiramente avanzar cara o equilibrio territorial e a igualdade de oportunidades entre toda a veciñanza da provincia de Lugo.