Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

A comisión de festas O Noso Foz renóvase e presenta a programación do Carme

Por 2 Xullo, 2022Xullo 17th, 2022Sin comentarios

Xente nova e ideas frescas para unha comisión que empeza este mes de xullo con forza coas Festas do Carme.

A comisión de festas O Noso Foz renóvase e presenta a programación dos festexos do Carme, así anunciouno a concelleira de Cultura, Inés López Couto. A comisión de festas de Foz estrea o verán coa incorporación de novos membros. Xente nova e ideas frescas para unha comisión que empeza este mes de xullo con forza coas Festas do Carme”.

Ángel Fernández Neira, que continúa presidindo a asociación encargada de elaborar as programacións de festexos en estreita colaboración coa Concellería de Cultura municipal, manifesta: “estamos moi contentos de contar con máis xente implicada para colaborar coas festas de Foz, nunha vila coma esta na que é moi importante a unión e que ten un verán moi potente en canto a festexos”. Entre as caras novas están Erea Ben e Fátima Novo, últimas incorporacións á comisión e á que se uniu anteriormente, coa volta do Carnaval, Estefanía Otero. Continúan o seu traballo Atilano Fernández e Jesús Pérez.

Inés López mostrase “moi feliz de que xente nova se una a este proxecto. A comisión organiza distintos eventos ao longo do ano, dende o Carnaval ata o Carme ou o San Lourenzo, e dende o Concello mantémonos en estreita colaboración con eles para todo. Son necesarias máis mulleres ao fronte de proxectos e que a voz da xente nova tamén se escoite.”

Aproveitando esta presentación lánzase o cartel da programación cultural do mes de xullo, na que se inclúen as Festas do Carme. Terán o seu inicio coa charla e exposición sobre os 40 anos de alfombras florais en Foz. Esta charla será a cargo de Antón Niñe e a exposición está formada por fotos da súa filmoteca persoal. Será no Cenima o venres 8 ás 19:30 horas.

Á seguinte semana celebraranse as verbenas. O xoves 14 será o día do pregón, na igrexa parroquial ao rematar a misa das 20 horas. Este ano corre a cargo de Narciso Rodríguez Méndez (Siso). Pola noite haberá verbena na praia da Rapadoira a cargo da orquestra Los Coleguitas.

O venres 15 Foz engalana as súas rúas para o paso da Virxe. Dende a tarde realizaranse as alfombras florais. Pola noite haberá verbena a cargo de Los Players e Grupo La Bamba.

O día 16 é o día grande e ás 12 horas a misa será na praza Conde de Fontao, cantada por Mar Aberto, con posterior ofrenda e procesión. Ao finalizar haberá sesión vermú e pola noite verbena con La Ola ADN e Nostalgia. Finalmente o domingo 17 será o Día do Neno con xogos gratuítos para os máis pequenos pola tarde en Conde de Fontao e verbena con Capitol.