Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

Pechado o cartel do festival Osa do Mar de Burela

Por 5 Xullo, 2022Setembro 3rd, 2022Sin comentarios

O Festival Osa do Mar de Burela vén de confirmar o cartaz completo da súa oitava edición do festival burelés que se celebrará a fin de semana do 2 e 3 de setembro.

As primeiras confirmacións para o festival de música alternativa chegaron en febreiro e foron Anabel Lee, Arde Bogotá, Berto, Karavana e La La Love You.

A estas súmanselle xa Aiko el grupo, A Pedreira, Biela, Grande Amore, Grande Osso, Leah Woods, Llegamos Tarde, Mariagrep, Niña Polaca, The Rapants e Zé Pequeño.

Para a realización desta edición fixeron a primeiros de ano unha captación de fondos para poder organizar esta oitava edición. Así, marcouse obxectivo de chegar aos 3.000 euros, para poder afrontar os primeiros trámites e os gastos básicos, e logrouno en menos de dous semanas e a día de hoxe recaudaron 10.510 euros.

Este festival está organizado pola Asociación Cultural Fanto Fantini que “segue coa mesma ilusión do principio, e poñémonos a traballar desde xa na oitava edición dun Osa do Mar que está moi vivo”.