Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Clausurado o VIII obradoiro de emprego Sendas de Burela, Cervo e Xove VIII

Por 16 Xullo, 2022Sin comentarios

Clausurado o VIII obradoiro de emprego Sendas de Burela, Cervo e Xove e que contou cun orzamento duns 360.000 euros.

Así, entregáronse 20 diplomar ás persoas que participaron no obradoiro, impulsado por estes concellos e financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

O delegado explicou que o Goberno galego destinou 347.000 euros á iniciativa, que formou a 13 alumnos en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, e a outros 7 en operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción.

Na comarca da Mariña desenvolvéronse desde o pasado mes de outubro cinco obradoiros duais e un obradoiro de garantía xuvenil -para menores de 30 anos- en 13 municipios, que suman 2 millóns de euros de investimento. A práctica totalidade rematan nestes días.

No marco deste proxecto, no concello de Xove acondicionaron unha área de estacionamento para autocaravanas na praia de Esteiro, a zona exterior do centro sociocultural de San Cristovo (Portocelo), a área etnográfica do Portiño de Morás e varios parques e zonas verdes. Tamén se encargaron da limpeza da senda fluvial da Ruta dos Muíños na parroquia da Rigueira.

O alumnado de Burela traballou no revestimento e impermeabilización das terrazas na Casa da Cultura e no pintado e sinalización doutros elementos, como a antiga biblioteca, o mobiliario urbano, os muros da praza do Concello, o campo de fútbol da Marosa e varios pasos de peóns.

Pola súa banda, o Concello de Cervo mellorou o entorno da antiga fábrica de Sargadelos, acondicionou o parque Reina Sofía en San Ciprián, o parque municipal e o das Lobeiras en Cervo, e actuou sobre varias zonas verdes urbanas, ao tempo que continuou coa limpeza e rexeneración do bosque autóctono da zona forestal do polígono industrial de Cuíña.